¿Por que ao rascarse pica máis?

Por moito que un intente conterse cando lle pica, unha vez que se empeza hai que prepararse para estar un bo anaco porque,lonxe de calmarnos o picor continúa e a maior parte das veces con maior intensidade.

A sensación comeza por unha alteración externa, é a resposta da pel a algo que a irrita ou lle produce alerxia. Así esta sinal chega ao cerebro, xerando o escozor. Ao rascarse na epidermis (capa externa da pel), bloquéanse as terminacións nerviosas que deron a información do picor á médula espiñal. Pero o que nun principio parece que funcionou a reducir a sensación de picor … é unha mentira.

Ao rascar non só erosionamos a pel, si non que alimentamos a mensaxe de malestar e picor que percibe o noso cerebro, Os científicos comprobarono con ratos, nos que, tras reducir os niveis de serotonina, o picor desaparecía. Non obsante, a biomolécula non se pode eliminar do noso organismo, porque regula funcións como a temperatura do corpo, o desexo sexual ou a sensación de saciedade ao comer.

Entre os principais trastornos que provocan picor, está a dermatitis atópica, enfermidade que experimentou un crecemento exponencial nos últimos anos. A urticaria, as picaduras de insectos, o picor de cabeza, de ollos ou na zona vulvar son outros dos trastornos asociados ao proído.

Deja un comentario