Científicos de Estados Unidos e China achan a peza clave do envellecemento humano,e prepáranse para atacala.
Sal a calle e pidelle a xente un exemplo do inevitable. O paso do tepo, a condena universal a envellecer e morrer como todas as cousas deste mundo, esas serán as súas respostas.
O envellecemento é negociable en bioloxía, e os científicos xa teñen unha boa idea para paralo, ou incluso revertilo.
O investigador español Juan Carlos Izpisúa presentan en Science un descubrimento clave non para curar o envellecemento, senón para algo aínda mellor: entendelo.
O enfoque do envellecemento que concibiron os científicos do Salk é un cóctel de audacia e vangarda tecnolóxica. Non fixeron papa as células dun mozo e un vello para comparar o cosmos de agullas nun palleiro que se revelan alí. En vez diso, meteron os narices no mesmo centro lóxico do proceso. E as pistas estaban alí dende hai décadas.
A síndrome de Werner, chámase nos textos de patoloxía. Proxeria adulta, díselle tamén, e clasifícase como unha enfermidade rara porque só afecta a unha de cada 20.000 persoas. Consiste nun envellecemento prematuro, e o seu nome débese ao científico alemán Otto Werner, que o describiu en catro irmáns que xa eran vellos aos 20 anos para a tese doutoral que leu en 1904. Hai 1.300 casos descritos na literatura médica, o que dá unha idea da atracción fatal que exerce sobre os investigadores esta singular mutación: un desafío xenético ao paso do tempo.
O estudo do grupo de Izpisúa demostra que a causa xenética da síndrome de Werner, a mutación dun xene chamado WRN, provoca un envellecemento prematuro ao perturbar a organización xeométrica a grande escala do ADN de cada núcleo de cada célula (heterocromatina, na xerga). Son os interruptores xerais que activan ou reprimen grandes xeografías genómicas en segundo que tempos e lugares. Os artífices da epixenética, os coreógrafos da construción do corpo de calquera animal do planeta.
O enfoque do envellecemento que concibiron os científicos do Salké un cóctel de audacia e vangarda tecnolóxica. Non fixeron papa as células dun mozo e un vello para comparar o cosmos de agullas nun palleiro que se revelan alí. En vez diso, meteron os narices no mesmo centro lóxico do proceso. E as pistas estaban alí dende hai décadas.
Os pacientes de síndrome de Werner non adoitan vivir moito máis alá dos 50 anos. Malia iso, sofren dende unha temperá idade cataratas, diabete de tipo 2, arterosclerosis, osteoporose e cancro: as enfermidades da idade, só que antes de tempo. Non é que as persoas con Werner parezan máis vellas. É que o son, malia todo o que diga o calendario.
Os científicos norteamericanos e chineses utilizaron as tecnoloxías biolóxicas de vangarda. Baseáronse en cultivos de células nai embrionarias humanas, e utilizaron as rompedoras técnicas de edición genómica para inactivar o seu xene WRN. Xeraron así un modelo celular en cultivo do envellecemento. As células deterióranse do xeito normal, pero a unha velocidade acelerada. A eses cultivos pódenselles facer todas as perrerías que non se pode facer a un ser humano. Os resultados son rápidos e brillantes.
Izpisúa espera que tamén sexan extrapolables aos corpos do mundo real. E quen non?