Tras un aumento do 9.200% na caza furtiva de rinocerontes dende 2007, o Ministerio de medioambiente de Sudáfrica está aberto a calquera idea para poñerlle freo ao horror. Non só permiten a chamada translocación dos seus animais -192 ata xaneiro-, levándollelos a outras rexións ou países, senon que teñen en marcha un programa para vender aos rinocerontes a latifundistas privados que quixesen facerse cargo dos exemplares, esencialmente para explotar a súa presenza de cara ao turismo. Parques Nacionais de Sudáfrica teñen previsto vender 200 animais neste proceso, cuxos ingresos se dedicarán a tarefas de conservación.
Esta posibilidade, para un experto como Flamand, de WWF, é positiva: «En Sudáfrica os propietarios de terras privadas son socios moi importantes na conservación. O sector privado contribuíu ao crecemento de moitas especies, incluíndo os rinocerontes,». Non obstante, Joubert teme que algún destes intereses privados se deba ao tráfico de cornos, tan apreciado en China e Vietnam.
Pero o que realmente teme Joubert é que cre un mercado legal de cornos de rinoceronte, unha posibilidade que Sudáfrica está a estudar para sabotar o mercado negro. «O comercio é un erro xa que nunca vai satisfacer a demanda dun mercado de 2.000 millóns de persoas en Asia. Calquera legalización vai desestigmatizar a súa ilegalidade e estimulará a caza furtiva: só o rumor está a elevar os prezos do rinoceronte, e os propietarios privados estanos a acaparar», advirte Joubert.
A pesar de todo, este activista defende o seu traballo recolocando rinocerontes usando metáforas financeiras: Como calquera asesor financeiro lle dirá, non convén investir todo o seu diñeiro nun só negocio ou valores; do mesmo modo, nunca deberiamos ter os últimos 20.000 ou 24.000 rinocerontes agrupados nunha única situación. É demasiado arriscado», alerta.
O proceso é moi delicado e a discreción fundamental, xa que un descoido podería servirlle os animais en bandexa aos furtivos. Primeiro, identifícaselles dende un helicóptero e dispáraselles un dardo sedante; unha vez durmido, tómanse mostras de sangue, tras vendar os seus ollos e introdúceselle nun contedor, para levalos en camión ata o lugar escondido no que pasarán a corentena (poden estar a incubar algunha enfermidade que podería ser desvastadora na súa nova situación).
Superada a coarentena, ao avión e a Botsuana.