Homo ergaster é un homínido extinto, propio da zona de África. Estímase que viveu fai 1,5 e 1 millóns de anos.

Os seus priemiros restos foron encontrados en 1975 en Koobi Fora, restos pertencentes a un homínido de fai 1,75 millóns de anos. En 1984, foi descuberto en Nariokotome, cerca do Lago Turkana (Kenia), outro homínido H. ergaster, neste caso trátase de restos datados de fai 1,6 millóns de anos.
O homo ergaster procede probablemente do Homo habilis e é descrito por algúns científicos como o antecesor africano do Homo erectus. Algúns destes especialistas consideran que pudo ser unha única especie, debido ao seu gran parecido anatómico, ainda que parece aceptarse a aceptación de duas especies diferentes.
CARACTERÍSTICAS.
O homo ergaster ten un cráneo menos robusto que os homo erectus asiáticos.

Este homínido é moi diferente aos anteriores e mostra cambios anatómicos importantes:
- A talla e a proporción do corpo é similar á nosa.
- o cerebro sufre un aumento importante, rondando os 850 cm3
É moi posible que a duración da súa infancia, adolescencia e vida adulta sea intermedia entre as do chimpancé e a do ser humano moderno. a diferencia do Homo habilis recoñécese no uso da tecnoloxía, a búsqueda deliberada de instrumentos.
A excepción do cráneo tanto Homo erectus como Homo ergaster teñen unha constitución física parecida a do home actual, sendo similar en estatura, ainda que en xeral son de complexión máis robusta e forte, e tenden a ser algo máis anchos de caderas. As proporcións de pernas e brazos, xa son totalmente modernas.
COMPORTAMENTO
Creese que o homo ergaster puido ser o primeiro homínido con capacidade para a linguaxe articulada. Sin embargo a estructura das vértebras cervicales indica que esto non é así, ainda que pode ser unha anomalía.
Non hai evidencias arqqueolóxicas de que o Homo ergaster fixera uso do pensamento simbólico, pero as capacidades ben desenvoltas celebrales e físicas puideron suxerir algunha forma de comunicación lingüística ou simbólica.

Dentro das hipótesis probables, considerase que os Homo ergaster puderon ser os primeiros homínidos en establecer relacións sociais complexas.
Non obstante, considérase que non estaban capacitados para ter unha imaxinación que lle fixera proxectar pensamentos de futuro a largo plazo. Pouquísimos individuso de H. ergaster superarían os 20 anos.