Células nai para reparar lesións cerebrales.

Un grupo de científicos daUniversidade Libre de Bruselas logrou reparar por primeira vez unha lesión do córtex cerebral mediante o implante de neuronas xeradas partir de células nai. Un dos responsables da investigación,publicada na revista Neuron, é a española Sandra Acosta Verdugo (Barcelona, 1981).  Este traballo abre a porta, a largo prazo, a terapias que poderían aplicarse en humanos para tratar lesións cerebrais producidas por ictus, hematomas cerebrais ou traumatismos.

A científica española explica que os investigadores seguiron o estado dos ratos durante máis de doce meses e, en todos os casos, “seguían en perfecto estado, e ningún dos que alcanzaron esta idade desenvolveu un proceso tumoral”, unha das consecuencias negativas inherentes ás terapias celulares.

O córtex é unha parte do cerebro que so poseen os mamíferos, por iso resulta tan interesante para os biólogos de desenvolvemento como Acosta Verdugo. Moitas enfermidades neurolóxicas están relacionadas con danos nesta parte do cerebro, como os ictus, a epilepsia, hematomas cerebrais e certos procesos neurodexenerativos. As neuronas que se extraen do córtex do paciente non pode rexeneralas por si mismo, esta é unha das dificultades de traballar con neuronas, unhas células moi diferentes ás outras.

Esta limitación dirixeu a mirada deste grupo de científicoscara o uso de células nai inducidas como a única alternativa que podía sortear este problema. O punto fuerte destas células é que se obteñen a partir de células nai adultas, xeralmente da pel, do propio paciente. O que achou un científico, Yamanaka, foi un modo para que ditas células nai adultas se autotransformaran en células nai pluripotentes ( o equivalente ás células nai embrionarias), que teñen a característica de que poden convertirse nunha célula de calquera organismo do corpo. Nesta investigación, en neuronas.

Deste modo, tanto as células da pel como as neuronas xeradas conservan o mismo ADN, de modo que se evita calquer posibilidade de rexeitamento no paciente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s